займ срочно

O concello de Negreira ofrece axudas para as vacinas de meninxite B

0

Negreira, 9 de xaneiro do 2019 – O concello de Negreira ven de publicar na súa web os requisitos para acceder a axudas para o pago de vacinas de meninxite B.

A meninxite  B é unha infección que pode causar graves danos neurolóxicos e mesmo a morte en persoas de todas as idades. A particularidade da cepa  B é que é maioritaria en España con case un 78% dos casos de meninxite. Ten unha incidencia de uns 500 casos por cada 100.000 habitantes. Desde hai uns anos existe un conflito aberto entre médicos e administración, os pediatras recomendan que se inclúa no calendario público de vacinas pero o Ministerio de Sanidade oponse polo momento ao seu financiamento.

Dado que a vacina pode chegar a ter un custo moi elevado o Concello de Negreira, durante todo o presente mes de xaneiro, abre prazo para solicitar as axudas municipais para as vacinas de meninxite B nos Servizos Sociais Comunitarios, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), en horario de mañá.

Os beneficiarios serán menores de 18 anos daquelas familias en situación de precariedade económica e as que o seu médico ou pediatra lles dispensara a citada vacina.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies