Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

Negreira acolle por segundo ano unha Feira de Abril

A asociación Negreira Viva coa colaboración do Concello de Negreira promove por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Abril.
negreira-feira-de-abril-slide-5-de-abril-do-2024_r

Bisbarra, 5 de abril do 2024 – A asociación Negreira Viva coa colaboración do Concello de Negreira promove por segundo ano consecutivo, a súa Feira de Abril.

A cita na praza do concello de Negreira será o vindeiro día 20 a partir das seis da tarde. Haberá actuacións musicais, rebuxito, picoteo, baile e diversión garantida, segundo contan desde a asociación organizadora.

Trala apertura da caseta, ás 19.00 horas terá lugar a actuación de Elisabeth Peñalver, con voz e baile. O programa segue ás 20.00 horas con concurso de playbacks para o que as persoas interesadas poden anotarse a través das redes sociais de Negreira Viva e inclúe premios para todos os participantes.

Metidas xa de cheo na noite da Feira de Abril, a partir das nove chegará un dos momentos máis agardados co concerto con Sabor flamenco, con voz, guitarra e caixón. E para rematar a festa non faltará a animación musical a cargo de DJ Baby.

A organización convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse caracterizados para tan importante ocasión festiva en Negreira.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: Josito Porto, Factoría de Subsistencia
Next: Nova edición de Fegateatro en Brión

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.