займ срочно

O Centro de emprendemento “A Estación” de Vedra  intégrase na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación

0

Vedra, 9 de agosto do 2021 – “A Estación” de Vedra pasa a formar parte da Rede da Deputación da Coruña que recolle os espazos de traballo colaborativo da provincia.

“A Estación” incorporase en virtude dun convenio asinado polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, ademais do deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

“A Estación”, situada na antiga para ferroviaria de Santa Cruz de Rivadulla, recibirá o financiamento do organismo provincial para a realización de actividades de formación, titorización e apoio e difusión de proxectos emprendedores. A deputación achega 58.100 euros, o que representa unha porcentaxe de preto o 80 % do orzamento total de gasto, que ascende a un total de 73.100 euros.

“Este será o oitavo centro da Rede Provincial grazas ao esforzo compartido de varios concellos”, destacou Valentín González Formoso, que subliñou “a aposta que facemos desde a Deputación, creando unha gran rede de espazos de traballo colaborativo sectoriais, especializados nun determinado ámbito profesional, un modelo único no país”. Formoso incidiu na importancia de que os centros “aproveiten o potencial e as particularidades propias de cada terrirorio” e ademáis “fomenten sinerxias” e entre emprendedoras e emprendedores dun sector determinado.

O proxecto incide no seu empeño de reter á xuventude e atraer a novos talentos como forma de loitar contra a progresiva perda de poboación do rural a través do fomento do emprego e a dinamización do tecido empresarial nos concellos da comarca do Ulla, a difusión de coñecementos, competencias e habilidades que sexan clave á hora de emprender.

Ademais, este centro pasará a formar parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo posta en marcha desde o Plan de Emprego Local e da que xa forman parte as centros do Pazo de Arenaza de Oleiros, Fórum Carballo, Daquí Darredor de Brión, Emprende LAB Boiro, o centro de emprendemento A Proa de Ames, o centro de desenvolvemento comarcal de Moeche e o coworking da Capela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies