займ срочно

Novos roteiros dos Quinquilláns para lembrar o Banquete de Conxo

0

Compostela, 25 de abril do 2019 – Santa Marta, Abastos e Pontepedriña acollen tres novos roteiros de Os Quinquilláns co gallo da Festa do Banquete de Conxo.

A Festa do Banquete celebrarase por segundo ano consecutivo os próximos 3, 4 e 5 de maio. Entre as actividades previstas o grupo teatral Os Quinquilláns ofrece tres novos roteiros teatrais que recorren os espazos que tiveron algo que ver con aquela data.

Mañá venres 26 de abril, o roteiro de Os Quinquilláns e Cavort teatro chegará ao barrio de Santa Marta, con saída no Centro Cívico ás 19:00 horas. O sábado haberá dúas ocasións para coñecer a historia daquel 2 de marzo de 1856. A primeira, na zona do mercado de Abastos a partir das 12:30 horas, e a segunda, xa pola tarde, nos barrios do Castiñeiriño e Pontepedriña. Será a partir das 18:00 horas no parque Eugenio Granell.

Será un roteiro participativo e aberto para todo tipo de públicos que servirá de convite para que os veciños e veciñas participen na gran Festa do Banquete. Participarán Rosalía de Castro, interpretada por Rocío González; Aurelio Aguirre, a cargo de Inacio Vilariño; Hixinio Rodeiro será Eduardo Pondal; a cacheirana que fará de enlace de toda a historia estará interpretada por Tero Rodríguez; o personaxe de Fandiño será Borxa Insua e o crego interpretarao Lucho Penabade. A acción estará acompañada pola música dos Muiñeiros do Sarela, mudando a regueifa do ano pasado polos cantos de taberna, o que permite destacar aínda máis o espírito festivo desta celebración.

Festa do Banquete

As persoas que o desexen poden participar, non só nos roteiros deste venres e sábado, senón tamén no desfile de obreiros e artesáns do propio 5 de maio. Ademais, poden participar na organización da Festa do Banquete ou ben como persoa voluntaria co grupo que está a crear a Asociación Itínera. Para calquera desas opcións habería que contactar co Centro Cívico de Conxo, no correo csconxo@santiagodecompostela.gal ou ben no teléfono 981 528 740.

Están a realizarse obradoiros do traxe tradicional no Centro Cívico de Conxo durante os venres de abril, de 18:00 a 20:00 horas; e tamén obradoiros de deseño de vestiario de época, os sábados a partir das 18:00 horas. Ambas as dúas actividades precisan inscrición previa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies