займ срочно

Novo domingo en bici organizado polo colectivo Composcleta

0

Compostela, 29 de xaneiro do 2019 – Composcleta organiza unha nova saída en bici o próximo domingo aberto a participación de todo o mundo e pensado para percorrer amodo a cidade.

Composcleta cita aos participantes as 12.00 no parque da Alameda en Santiago (xunto as Marías). O percorrido levará dunha forma sinxela por diferentes barrios e zonas da cidade: O Ensanche, Conxo, A Choupana, Cidade Universitaria e Galeras.

Farase un paseo amodiño esperando polos rezagados e agrupándose periodicamente para facilitar o acompañamento dos pequechos e os menos prácticos na bici.

As 13:00 o encontro rematará cun pícnic compartido no parque de Galeras no que se charlará sobre ” bicis e o que cadre”, compartiranse os aperitivos que cada un leve e os cativos poderán xogar.

As 13:30 darase por finalizado o DomingoenBICI ata o mes seguinte.

Percorrido

Rúa de Senra / Praza de Galicia / Rúa do Doutor Teixeiro / Praza do Doutor Puente Castro / Rúa de Rosa / Rúa San Pedro de Mezonzo / Praza Roxa / Rúa Frei Rosendo Salvado

reagrupamento para cruzar av romero donallo e continuarase por

Av Vilagacía / Rúa García Prieto / Rúa Sánchez Freire / Rúa de Conxo de Arriba / Rúa Monte de Conxo

reagrupamento por subida

Travesia de Poza / Rúa Maruxa Mallo / Rúa Julian Minguillón / Rúa Trece Rosas / Av da Libertade / Rúa Gerardo Fernández Albor

reagrupamento para cruzar volta do castro

Traveía de Choupana / Rúa Sempre en Galiza / Av Barcelona / Reagrupamento para cruzar Mestre Mateo / Rúa Jenaro de la Fuente / Rúa de Lope Gómez de Marzoa / Av Doutor Ángel Jorge Echeverría / Av das Ciencias / Av Novoa Santos / Av das Burgas / Av de Compostela / Rúa Campo de Cruceiro de Galo

reagrupamento para entrar el galeras

Rúa das Galeras / Rúa do Campo de Santa Isabel

Final en Parque de Galeras

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies