займ срочно

Nova denuncia contra a mineira de Touro por filtracións

0

Touro, 30 de maio do 2019 – A asociación Aldea Viva presentou denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente polo estado da Balsa de O Vieiro na mina de Touro, achegando probas das filtracións continuadas ao dominio público hidráulico.

Os riscos provocados por estas filtracións é maior se cabe polo feito de tratarse dunha balsa que contén augas hiperácidas. A balsa do Vieiro está situada nun oco da antiga mina e recibe ademais augas residuais das empresas denominadas “de valorización”. Estes feitos son recoñecidos por Cobre San Rafael na documentación do proxecto de reapertura da mina.

Filtracións recorrentes

Estas filtracións xa foron constatadas fai un ano por inspectores dependentes da Consellería de Medio Ambiente. A mineira ten na actualidade solicitada autorización para un proxecto de drenaxe temporal de augas contaminadas que se depositarían nesta balsa. Constatadas os escapes da balsa é evidente que as augas contaminadas irán ao dominio público hidráulico a través do Rego Pucheiras e deste ao Río Ulla.

A balsa de O Vieiro está situada na área de explotación do Proxecto de reapertura da Mina, actualmente á espera da declaración de impacto ambiental. Este proxecto lonxe de dar solución á contaminación que contén a balsa, vai xerar un maior volume de augas contaminadas comprometendo a súa seguridade.

Para a asociación Aldea Viva “os feitos denunciados e comprobados evidencian que o proxecto de reapertura da mina presentado por Cobre San Rafael falta á verdade e oculta a realidade, motivo suficiente para que a declaración de impacto ambiental sexa negativa”. O colectivo di tamén non entender “o retraso na denegación definitiva dun proxecto que conta con múltiples informes negativos e no que os prazos administrativos parecen estar feitos á carta para a empresa que comete actos á marxe da lei”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies