займ срочно

Noites Teimudas, Relatos de fracaso para chegar ao éxito, este venres en Compostela

0

Compostela, 29 de maio do 2018 – Este venres a Unitaria do barrio de San Pedro acolle o evento Noites Teimudas, relatos de fracaso para chegar ao éxito co obxectivo de celebrar os fracasos dende o humor e a comunicación positiva.

Noites Teimudas celebrarase este venres 1 de xuño a partir das oito da tarde na Escola Unitaria do Barrio de San Pedro. A idea xorde de Sofía Arangüena, estudante do posgrao Experto en Xestión Cultural da USC coa cal pretende quitar estigma os fracasos, (incluso celebralos), dende un ton directo, inspiracional e humorístico a través de testemuños de profesionais da cultura.

A velada terá como protagonistas a personaxes públicas tales como Diana López Varela, guionista, columnista e escritora de “No es país para coños”, Carmen Conde, humorista e narradora oral e Uxio Novoneyra fillo, xestor cultural, xestor de proxectos europeos e aldeólogo.

Ademais dos relatos, a velada contará cun coloquio interactivo onde os asistentes se sentirán parte da mesma e un peche musical coa artista multidisciplinar Laura LaMontagne.

O custo do evento será de 5 euros sen consumición

Sobre Noites Teimudas

Noites Teimudas “relatos de fracaso para chegar ao éxito” ten a perseveranza, a coraxe, a positividade e o aprendizaxe como valores fundamentais. Busca naturalizar o fracaso como parte de vida, e mais especificamente,da vida laboral dos profesionais da cultura. Ademais,

como selo distintivo, pretende facelo dende a motivación, o discurso inspiracional e o humor.

Pero non só iso, tamén pretende dignificar e revalorizar as actividades, traballos e accións que fan estes profesionais e a súa importancia real no desenvolvemento social, económico e político, e denunciar a precariedade e inestabilidade de este sector imaxinado colectivamente como lugar do entusiasmo en palabras de Remedios Zafra, que non precisa de mais apoio ou recursos debido a paixón dos profesionais que o conforman.

Noites Teimudas será unha velada onde se festexe o saber facer dos galegos, a nosa teima a nosa retranca e creatividade como forma de entender o mundo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies