займ срочно

Cae en Noia unha rama de máis de 3.000 kilos nos xardíns de Felipe de Castro

0

Noia, 11 de febreiro do 2020 – Unha rama de máis de 3000 kilos caeu este luns dun dos magnolios dos xardíns Felipe de Castro en Noia.

Afortunadamente o incidente non causou ningún dano. Técnicos municipais procederon a pechar esa zona dos xardíns Felipe de Castro e a retirar a rama caída.

Cae en Noia unha rama de máis de 3.000 kilos nos xardíns de Felipe de CastroCae en Noia unha rama de máis de 3.000 kilos nos xardíns de Felipe de CastroA concelleira de Parques e Xardíns, Mariola López Cierto, fixo un chamamento á responsabilidade da veciñanza para que “ninguén se salte a zona restrinxida, cando menos mentres duren os traballos para asegurar que o magnolio está en boas condicións e está equilibrado”.

Cae en Noia unha rama de máis de 3.000 kilos nos xardíns de Felipe de CastroLópez Cierto explica que “estamos á espera dun informe para coñecer as causas do acontecido pero todo parece indicar que a caída debeuse a unha combinación entre a avanzada idade do magnolio e o peso da propia rama. De todos modos, estaremos pendentes do informe, que fará unha empresa especializada neste tipo de árbores e que será tamén a encargada de facer as actuacións pertinentes de desramaxe e tratamento do magnolio, xa que os operarios municipais limitáronse hoxe a retirar a rama caída”.

Cae en Noia unha rama de máis de 3.000 kilos nos xardíns de Felipe de Castro

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies