Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia

Noia e a Universidade de Santiago ofrecen seis cursos de formación gratuítos para maiores de 50 anos

Noia e a Universidade de Santiago de Compostela abren de novo “Camiños de coñecemento e experiencia”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida á veciñanza maior de 50 anos.
Concello-de-Noia-DSC_0002-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Noia, 27 de setembro do 2019 –  Noia e a Universidade de Santiago de Compostela abren de novo “Camiños de coñecemento e experiencia”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida á veciñanza maior de 50 anos.
    • Programa

Noia, 27 de setembro do 2019 –  Noia e a Universidade de Santiago de Compostela abren de novo “Camiños de coñecemento e experiencia”, un programa gratuíto de formación universitaria dirixida á veciñanza maior de 50 anos.

O programa para miores de 50 anos é froito dun convenio asinado entre ambas as dúas institucións. Inclúe tres sesións teóricas e outras tres prácticas, que terán lugar entre o 10 e o 25 de outubro. Hai 30 prazas dispoñibles e as matrículas poderán formalizarse no Concello de Noia ata o 6 de outubro.

Programa

O programa formativo inclúe tres sesións teóricas, que terán lugar no edificio municipal de Servizos Administrativos O Matadoiro (rúa Espírito Santo, 4) os días 10, 14 e 24 de outubro, en horario de tarde. A primeiro seminario, “Que é o envellecemento”, será impartido por Víctor Manuel Arce Vázquez, doutor en Medicina e profesor da Facultade de Medicina da USC e do Programa Universitario de Maiores “IV Ciclo da USC”, entre as 17:00 e as 18:30 horas.

O luns 14 de outubro, de 16:30 a 18:00 horas, Juan López Bedoya, profesor da Facultade de Xeografía e Historia, impartirá a charla “Xeografía física da costa galega: orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral”. Para o mércores 23 de outubro está programada a xornada “O cine como linguaxe”, impartida por Álvaro Dosil Rosende, do grupo de investigación 3ª Xeración e bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC.

As sesións prácticas estarán vencelladas ás charlas teóricas. A primeira será un roteiro pola costa, o venres 18 de outubro de 16:30 a 18:00 horas, guiados polo profesor Juan López Bedoya. A segunda será o mércores 23 de outubro e terá lugar na Facultade de Medicina de Santiago, na que o alumnado será guiado por José Manuel Fernández García, doutor en Medicina e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Finalmente, o xoves 24 de outubro Álvaro Dosil impartirá unha práctica sobre o cine como linguaxe.

“Camiños de coñecemento e experiencia” é un programa organizado pola Vicerreitoría de Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela e polo Concello de Noia, que contan coa colaboración da Consellería de Política Social, a Deputación Provincial da Coruña e o Banco Santander.

Post navigation

Previous: IX Comida Baile Solidaria da AECC Ordes
Next: O Museo do Pobo Galego recibe en depósito 40 pezas de indumentaria feminina da Fundación Rosalía de Castro

Máis novas

Un investimento de máis de corenta mil euros permitirá a conexión de Balbargos coa rede municipal.
2 minutes read
  • Xeral

Noia leva a rede municipal de auga a Balbargos

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Responsables do goberno municipal de Noia nos xardíns de Felipe Castro
2 minutes read
  • Xeral

Noia reabre os Xardíns de Felipe de Castro

Tramo da autovía entre Brión e Urdilde, imaxe de google maps
2 minutes read
  • Xeral

O primeiro desdobramento da autovía Brión Noia no 2027

Cartel do Sancosmeiro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Festa do Sancosmeiro 2026

Obras no lugar de Albariza en Noia
1 minute read
  • Xeral

Albariza en Noia mellora o saneamento e abastecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.