займ срочно

O Noia Harp Fest remata en feminino co bretoa Clotilde Trouillaud, as galegas Lulavai e Rossitza Milevska Trio

0

Noia, 3 de agosto do 2018 – Hoxe remata o Noia Harp Fest cunha xornada especialmente feminina, protagonizada pola bretoa Clotilde Trouillaud, que actuará en Santa María A Nova; o cuarteto galego Lulavai e o trío da búlgara Rossitza Milevska.

Clotilde Trouillaud,

As sete da tarde na Igrexa de Santa María a Nova estará Clotilde Trouillaud, unha muller que  procede da música tradicional bretoa, onde participa en numerosas experiencias musicais. Despois de variaspublicacións colectivas especialízase na composición a partir do seu album en solitario “Solo” en 2011, que foi moi ben acollido pola crítica.

Rossitza Milevska, imaxe de Rossita Lamourette

A partir das nove e media na Praza do Tapal chegará o segundo concerto da xornada. Lulavai son Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz, un insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único. Volven ao Noia Harp Fest na quinta edición despois de ter participado na primeira en 2014.

Rossitza Milevska formouse en Sofía (Bulgaria), aínda que agora desenvolve a súa carreira profesional en Francia. Cultiva dun xeito moi persoal a música de jazz na arpa clásica de pedais. Este vai ser o seu único concerto en España, onde o trio vai sorprender ao público cun repertorio especialmente orixinal e creativo.

Este festival está organizado polo Concello de Noia co apoio da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies