Noia, 29 de marzo do 2019 – O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao mediodía en Noia ao acto organizado para conmemorar a primeira sentenza en lingua galega que foi ditada nos xulgados da vila.
A conmemoración de esta primeira sentenza en galego foi organizada pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e co Concello. O evento celebrouse no edificio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, onde se descubriu unha placa que deixou constancia da publicación daquela primeira sentenza na lingua propia de Galicia.
O secretario xeral gabou o traballo dos que se esforzan día a día “para que as persoas galegofalantes que chegan aos xulgados se decatan inmediatamente de que o seu idioma é benvido e que poden empregalo con total liberdade e garantías”.
Xunto con Valentín García, interviñeron no acto Santiago Freire Abeijón, alcalde de Noia; Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega, a maxistrada Lorena Tallón García e os letrados Tania Castro e Jacob Del Río.