займ срочно

Primeiro pleno do ano en Negreira

0

Bisbarra, 12 de xaneiro do 2023 – O concello de Negreira celebrou o primeiro pleno do ano, aprobando partidas para abono de facturas e alongando a suspensión de pagos de algunhas taxas.

O pleno comezou cun minuto de silencia na honra do que fora alcalde do concello, José Blanco Pazos, e de José Silva Lens, veciño atopado morto recentemente. En este punto o alcalde, Manuel Ángel Leis, condenou o feito de que soaran petardos no enterro do ex alcalde por ser inaceptable ese comportamento  “fose o ex-acalde ou fose calquera outra persoa, pois para nós non teñen ningún tipo de lóxica, nin de sentido, nin de aceptación”.

Casa do concello de Negreira

A continuación a corporación aprobou, de xeito provisional, por unanimidade a modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, coa exposición pública de 30 días.

Coa abstención do Partido Popular e o apoio do grupo de goberno, Psoe, saíu adiante un recoñecemento extraxudicial de crédito de algo máis de oitocentos mil euros. Esta cantidade esta destinada a abonar facturas pendentes do ano anterior. A oposición foi moi crítica co aumento do gasto nos últimos exercicios.

 Pola súa banda o alcalde respondeu que “moitas das facturas corresponden a gastos enerxéticos como con Naturgy, ou mesmo da xestión dos residuos con Sogama”, e asegurou que os provedores locais “están cobrando practicamente nos prazos que marca a lei, aínda que poderían quedar algunhas facturas por esgotamento de crédito en determinadas partidas”..

Xa por vía de urxencia o pleno municipal aprobou unha proposta do Goberno municipal para prorrogar a suspensión do pago de dúas taxas municipais, cuxa exención fora aprobada no 2021. Trátase das relativas á expedición de documentos administrativos e pola licenza de apertura de establecementos ou pola actividade de control posterior daquelas actividades sometidas a comunicación previa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies