займ срочно

Cociñeiros con máis de 30 estrelas Michelin estarán en agosto en Negreira

0

Negreira, 21 de xullo do 2020 – O Restaurante Casa Barqueiro de Negreira  congregará, entre outros, a Berasategui, Jordi Cruz, Arzak, os irmáns Torres ou os galegos Manuel Costiña e Miguel Ángel Campos o próximo mes de agosto.

Estrelas solidarias no Camiño é un evento organizado anualmente polos propietarios do local de Negreira, os irmáns Rogelio e Francisco Rial, pero en esta ocasión tivo que ser adiado pola crise sanitaria e celebrarase o 10 do próximo mes. Unha cita na que colabora a Xunta de Galicia e cuxos beneficios irán destinados a Cáritas.

Peregrinos e embaixadores

Cociñeiros con máis de 30 estrelas Michelin estarán en agosto en NegreiraO Conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodiguez, agradeceu o traballo dos irmáns Rial, propietarios de Casa Barqueiro, como “anfitrións e exemplo de dedicación” que, desde hai xa varios anos, reúnen a esta constelación de Estrelas Michelin nunha iniciativa á que se suma agora o Goberno autonómico.

Rodríguez referiuse a estes máis de 30 Estrelas Michelin como “aliados e embaixadores de Galicia” e confesou que é “unha alegría contar con profesionais e iniciativas como esta que nos permitan fomentar os valores xacobeos, dado que en momentos como os actuais están máis vixentes que nunca na nosa sociedade”.

Na rolda de prensa, celebrada na Cidade da Cultura, interviñeron a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira; o cociñeiro Rogelio Rial, en representación de Casa Barqueiro, e Javier García Sánchez, director adxunto de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Ademais, estiveron presentes Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, e Manuel Costiña, do restaurante Retiro da Costiña. Os cociñeiros Estrela Michelin enviaron un vídeo no que expresaron a súa satisfacción por formar parte de Estrelas Solidarias no Camiño.

Entradas á venda en Ataquilla

A iniciativa terá lugar o luns 10 de agosto en Negreira, en concreto no recinto de Galicia Espectáculo no Polígono Industrial de Covas, que abrirá as súas portas a partir das 13,00 horas. No encontro gastronómico, ao que asistirán os chefs, participarán unha vintena de empresas do sector enogastronómico da Comunidade. A degustación estará acompañada de diversas actuacións cumprindo en todo momento os protocolos de seguridade hixiénico-sanitaria. As entradas, a un prezo de 60 euros, están á venda en ataquilla.com. Os beneficios acadados irán destinados a Cáritas.

Previamente, durante esa mesma mañá, os chefs tamén realizarán unha andaina polo Camiño de Fisterra e Muxía, facendo parada en Ponte Maceira, considerada unha das vilas máis bonitas de España e un dos emprazamentos máis destacados deste itinerario xacobeo que a Xunta prevé recoñecer proximamente como Ben de Interese Cultural (BIC).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies