Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Negreira
  • Xeral

Negreira acolle a décima edición de Estrelas no Camiño

A Praza de Abastos de Compostela acolleu a presentación do evento Estrelas no Camiño, que reunirá a máis de 30 chefs con estrela Michelin.
estrelas-no-caminho-slide-8-maio-2024-(1)_r

Bisbarra, 8 de maio do 2024 – A Praza de Abastos de Compostela acolleu a presentación da décima edición do evento Estrelas no Camiño, que reunirá en Negreira a máis de 30 chefs con estrela Michelin.

A gran novidade de este ano será a incorporación do Bocado Solidario da man de Estrella Galicia. Tera lugar do 23 ao 26 de maio en colaboración coas 5 Asociacións de cociñeiros de Galicia. Os locais escollen calquera tapa, prato ou menú acompañado con Estrella Galicia Especial. A consumición conleva unha doazón en favor da causa apoiada por Estrelas no Camiño: a Asociación Galega Síndrome X Fráxil.

É a segunda ocasión na que os beneficios van destinados á Asociación Galega Síndrome X Fráxil “á que expresamente lle agradecemos a súa incrible labor e esforzo social e comprácenos saber que poderemos continuar axudando no seu labor pola investigación e apoio ás familias”.

Como cada ano, entre as actividades que se van desenvolver está previsto percorrer un tramo do camiño de Santiago, levar aos chefs ao mercado de Abastos de Santiago de Compostela, e se o tempo o permite, visitar o Monte do Gozo.

O evento central de Estrelas no Camiño terá lugar o luns 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro en Gonte, Negreira. Alí está previsto a celebración dunha feira de gastronomía e viño da que desfrutarán tantos os chefs convidados coma o asistentes.

Posteriormente terá lugar unha cea, tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking na que non faltará a animación e a música. As entradas estarán á venda desde en www.ataquilla.com

Para os que non poidan asistir pero desexen colaborar poden achegar a súa doazón na mesa cero: ES73 2080 0348 3930 4001 2408.

Asociación Galega Sindreome X Fraxil-A. G15662505.

Entre as estrelas Michelin convidadas a Gonte cabe salientar Martín Berasategui, Eneko Atxa, Helena Arzak, os irmáns Torres, Valerio Carrera, Manuel Costiña, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Marcelo Tejedor, Miguel González, Fina Puidevall e sua filla… entre outros moitos cociñeiros de renome nacional e internacional.

Post navigation

Previous: Ames convoca un novo Consello Escolar e pide responsabilidade as ANPAS
Next: A II Festa do Pan e do Cereal en Bugallido, Ames

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.