займ срочно

Obras contra as inundacións na rúa Teresa Fabeiro de Negreira

0

Negreira, 11 de xaneiro do 2020 – O concello de Negreira ven de acadar o apoio da Deputación para acometer as obras que eviten as inundacións na rúa Teresa Fabeiro.

Os traballos en Teresa Fabeiro suporán un investimento de 191.906,85 euros, dos que o 80% (153.525,88 €) serán achegados pola Deputación. As obras servirán para evitar as inundacións que periodicamente se producen en sotos, garaxes e baixos comerciais e que afectan a outras rúas adxacentes (Rosalía de Castro, Rúa do Tambre, Rúa Castelao…). Tamén se solventarán os problemas de retorno de augas fecais que afecta entre outras instalacións ao CEIP O Coto debido ao exceso de caudal e a aos continuos atascos que se producen na deficiente rede de saneamento actual.

Acordo Deputación Negreira obras rúa Teresa FabeiroO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, asinaron na sede da institución provincial o convenio polo que ambas as dúas administracións financiarán as obras de reurbanización e mellora da rúa Teresa Fabeiro Caamaño,  no centro urbán da localidade.

As obras consistirán na construción dunha nova rede separativa de pluviais e fecais, que discorrerá ao longo de toda a rúa e que estará dimensionada para evitar a carga excesiva que colapsa a rede actual, facilitando un mellor rendemento da EDAR e beneficiando tanto aos veciños da zona coma as instalacións educativas da zona.

Os traballos inclúen tamén a reurbanización posterior da zona, o reasfaltado da rúa e pintado das marcas viais, pasos de peóns e demáis sinalética.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies