займ срочно

A Carreira Popular de Negreira cumpre 40 anos

0

Negreira, 28 de outubro do 2019 – A Carreira Popular de Negreira cumpre, en este 2019, 40 anos de vida, toda unha referencia entre as probas de este tipo en Galicia.

A organización lembra na web da carreira como en 1978 douscentos corredores loitaron contra a climatoloxía en aquela primeira Carreira Popular, Foi a Asociación de Veciños Tambre a impulsora da primeira edición sin pensar que tanto tempo despois podería continuar.

Un momento da presentación da Carreira Popular

Un momento da presentación da Carreira Popular

A proba é unha das máis importantes de Galicia e forma parte do ranking das 20 mellores probas nacionais de 10 kilómetros.

A proba

A partir das dez da mañá do domingo 10 de novembro celebrarase esta 40 edición. As distancias, para as distintas categorías, irán desde os douscentos metros ata os 10.000. As inscricións están abertas na web ata o mércores 6 de novembro as dez da noite.

A primeira carreira será para cadetes, xuvenis, xunior, promesas, senior, veteranos e superveteranos sobre unha distancia de 5 kilómetros con saída as 10 de mañá.

Un momento da presentación da Carreira Popular

Un momento da presentación da Carreira Popular

A segunda proba sairá sobre as 10:50 horas e trátase dunha competición de 10 kilómetros homologada. Poden participar as categorías xunior, promesas, senior, veteranos, M35 F35, M40 F40, M45 F45, M50 F50 e superveteranos.  

A partir das 12:10 será o momento dos alevíns e infantís sobre un percorrido de mil douscentos metros. As doce e vintecinco competirán os benxamíns sobre esa mesma distancia.

A quinta carreira será a de prebenxamíns sobre 250 metros con saída as 12:45 e a xornada deportiva rematará coa proba de chupetes que correrán 200 metros a partir das 13:00 horas.

Servizos e premios

Os corredores contarán con servizos de duchas, gardarroupa gardería, fisioterapia, avituallamentos líquidos e sólidos e todo o necesario para unha proba homologada de estas características.

Os premios no caso da carreira 10K serán de 900, 500, 300, 200 e 100 euros para os 5 primeiros e Trofeo para o sexto clasificado.

Os 3 primeiros equipos federados recibirán premios de 400, 200 e 100 €.

Os atletas galegos e os locais terán premios específicos.  Os galegos de 200, 100 e 50 euros e os locais de 100, 50 e 40 €.

Estes premios serán os mesmos nos casos das mulleres e dos homes.

O centro escolar máis numeroso en canto a participación recibirá un premio de 300 euros en material escolar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies