займ срочно

Negreira afronta as inundacións da rúa Teresa Fabeiro

0

Negreira, 25 de xaneiro do 2021 – O concello de Negreira inicia as obras que porán solución as inundacións en garaxes da rúa Teresa Fabeiro.

Negreira asinaba a principios de mes un convenio coa Deputación da Coruña para financiar estes traballos. A remodelación de esta zona suporá un investimento de máis de 190.000 euros dos que o organismo provincial aporta o 80% e o resto sae das arcas municipais.

Problemas de inundacións

A remodelación da rúa Teresa Fabeiro de Negreira solucionarña os problemas de inundacións en sotos, garaxes e baixos comerciais. Estes problemas afectan tamén a outras rúas adxacentes (Rosalía de Castro, Rúa do Tambre, Rúa Castelao…).

As obras solucionarán ademais os problemas de retorno de augas fecais que afecta, entre outras instalacións, ao CEIP O Coto debido ao exceso de caudal e a aos continuos atascos que se producen na deficiente rede de saneamento actual.

Cortes de tráfico

Os traballos obrigan a certas restricións do tráfico rodado que afectan á rúa entre o CEIP O Coto e mailo IES Xulián Magariños, así como a toda a rúa Teresa Fabeiro onde limitarase o estacionamento de vehículos durante o prazo de execución das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies