Teo, 29 de xuño do 2021 – A pasada semana achegámonos ata o concello de Teo para participar nunha dos roteiros organizados para recoller as herbas de San Xoán.
En Galicia é tradición que o día 23 de xuño se recollan herbas como o fiuncho, o codeso, a malva ou a propia herba de San Xoán. Tamén é preciso recoller auga de sete fontes e que as herbas pasen a noite aí metidas para que pola mañá podamos lavar a cara con elas.
Tono Quintela foi que nos acompañou no roteiro e nos explica a orixe pagá de esta tradición
O máis habitual é usar herbas doadas de atopar, que teñen un certo uso medicinal pero poden variar dun lugar a outro
As razóns para participar no roteiro van desde aprender algo ata recuperar tradicións familiares
Tedes a reportaxes completa no noso podcast semanal, si vos subscribides teredes acceso a todos os contidos publicados desde o primeiro programa.
Faite mecenas de Lindeiros desde 4 euros ao mes nos seguintes enlaces.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros