Músicas na Linde 16 de decembro do 2022 – Hai un par de semanas falabamos con Rodrigo Ramos, un home do Deza que ven de publicar Claustrofobia, un disco nado no confinamento.
Tras anos de militar en distintas formacións Rodrigo Ramos comezou unha carreira en solitario no 2015. No 2017 publica “Mirabas Almas” co que dou máis de cincuenta concertos por toda a península.
Cando comezaba a presentación de “Sol de inverno” metéronnos a todos nas casa e Rodrigo entrou nunha etapa da que sae “Claustrofobia”. Unha etapa que marca todo o traballo como el mesmo nos conta
Ë un disco de autor, que parte dunha situación límite e vese influído pola cultura musical do artista. Unha cultura na que atopamos o rock americano e arxentino e que oímos tamén cando escoitamos cantar a Rodrigo Ramos
Unha música, a arxentina, que está aínda por descubrir e que para Ramos marca un pouco o nivel de calidade e esforzo que se marca
Falamos tamén sobre o panorama actual na Galiza. Recoñece o bo nivel dos artistas actuais aínda que vota de menos que haxa máis bandas de rock
O disco será presentando en directo en dous formatos, con banda e acústico. Iso tamén marcou a gravación dos temas, pensando en poder levalo a distintos espazos sen que sufrira o que se quería transmitir
“Claustrofobia” é un traballo que esconde a dureza que vivimos no confinamento. Un disco que non renuncia a debuxar unha dura realidade pero que a domina a través da música. Rodrigo Ramos ten unha voz imposible de esquecer, o seu xeito de cantar non deixa indiferente polo que si pasa polas vosas vilas, ou cerca, non deixedes de escoitalo.