Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Frades
  • Xeral

Alcaldes: Roberto Rey, Frades

Roberto Rey revalidou nas últimas eleccións municipais a maioría absoluta no concello de Frades aínda que perdeu un concelleiro.
Roberto-Rey_alcalde-de-Frades_6140-slide_r

Alcaldes, 16 de abril do 2024 – Roberto Rey revalidou nas últimas eleccións municipais a maioría absoluta no concello de Frades aínda que perdeu un concelleiro.

Roberto Rey, alcalde de Frades

O alcalde recoñece que o anterior foi un mandato complicado, con bastantes problemas persoais que complicaron a xestión. Aínda con esa baixada e as dificultades sufridas, valora positivamente os resultados.

Rey pensa que perder un concelleiro obriga a repensar as cousas, a meditar que se fixo ben e que mal. Tanto é así que considera que xa atoparon onde estiveron os problemas para esa perda de votos e confía en recuperalos dentro de catro anos.

Foi un mandato no que cumpriuse a maior parte do programa previsto. Equipamentos como o Centro Sociocomunitario, o museo etnográfico, ou o abastecemento de auga a todas as parroquias son xa unha realidade.

Casa do concello de Frades

As eleccións deixaron un cambio no concello limítrofe de Oroso; que ten a Alex Doval , do Partido Popular, como novo alcalde. Roberto Rey explica que eles manteñen moitas colaboracións con municipios veciños como Trazo ou Mesía, pero que a relación con Oroso era máis complicada, agora espera que isto cambie.

Para este mandato as propostas de Roberto Rey e o seu equipo son moi relevantes. Unha nova potibilizadora, duplicar o número de casas do maior e unha residencia de maiores. Este último é un proxecto complexo que posiblemente precise de axuda pero que o alcalde considera moi importante dada a demanda de este tipo de servizos por parte da veciñanza.

Tempo teremos ao longo dos vindeiros anos de ver como se desenvolven todas estas ideas. O certo é que Frades é un dos concello nos que un atopa máis proxectos en marcha. Son ideas concretas, realizadas en tempos razoables,  ás que se lles ve o uso enseguida. Un traballo que serve de exemplo para outros municipios.

Post navigation

Previous: Peleteiro volve ao inicio
Next: Padrón prepara o Mes do Libro

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.