Conversas, 11 de abril do 2024 – Tras o éxito de Cuñados volven Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey baixo a dirección de Luís Avilés Baquero sendo , como di o título, +Cuñados.
Hai uns días tivemos a oportunidade de asistir a unha preestrea, chegar´aos cines o vindeiro día 19, na sala Numax de Compostela. A película segue a liña da primeira en canto a ese sorriso permanente que tes durante toda a proxección. A química entre os tres protagonistas funciona e non acabas de saber canto se adaptan ao guión ou canto o modifican con improvisacións o que marca un ritmo moi natural.
Ao remate falamos con Luís Aviles ao que comezamos preguntando precisamente por ese entendemento entre Touriñan, Lira e Fede
Esta nova película mantén moitas referencias propias de Galicia. Agora xa podemos saber como funcionou a primeira fora de aquí e si se entenderon todos eses xiros. Luís Avilés cre que por iso se deberían facer máis comedias.
O director relaciona ese humor co que se fai en Irlanda ou Gran Bretaña. Pensa que deberíamos explotalo máis porque fala ben de nos e funciona moi ben.
+Cuñados foi rodada en Ourense e tanto as imaxes da cidade como as dos viñedos convidan a visitar a zona e máis en entroido. Como lle dixemos a Luís Avilés, só faltou o alcalde.
A película chegará aos cines o vindeiro día 19 e non podemos máis que recomendala. Unha comedia curta e moi divertida que paga a pena ir a ver. Ademais de apoiar o noso cine pasaredes un bo rato.