Luar Na Lubre ven de estrear os singles Benvido e Mártiros e o vákner, un dobre adianto do seu novo traballo discográfico “Vieiras e vieiros, historias de peregrinos”.
No novo disco Luar na Lubre explora os escritos, as lendas, as sonoridades e as pegadas que os peregrinos deixaron no Camiño de Santiago ao seu paso polo territorio galego.
Traemos a Músicas na Linde a Bieito Romero, fundador do grupo alá polo 1986, o pasado venres. Ninguén podía prever está situación que leva a que o disco estea parado en Alemania, onde se fabrican. Con todo a música. como di Bieito, non debe parar
O primeiro single, Benvido, soa pop e optimista, algo moi necesario nos tempos que corren. Conta ademais coa colaboración de Miguel Ríos que segue mantendo a enerxía dos seus mellores anos
Un bo amigo de Miguel Ríos, Victor Manuel, xa participara no anterior traballo de Luar na Lubre, Ribeira sacra, pero o asturiano non tivo nada que ver coa colaboración do andaluz
Vieiras e vieiros non é un disco sobre o Camiño de Santiago. bieito nos conta que busca o lado máis humanos dos que percorren as distintas rutas que chegan e parten de Compostela.
Preguntamos, como a outros músicos, polo paradoxo que supón que nun dos mellores momentos creativos en Galicia os músicos sigan tendo problemas para vivir do seu traballo. Bieito pon o acento na ausencia nas emisoras de radio do que se fai aqui.
Bieito Romero recoñece que aínda que hai moitos festivais con presenza de músicos galegos non se entende a pouca que teñen en eventos como o Son do Camiño. Con todo pensa que para manterse unha das claves é ter un pe en Galicia e outro fora
luar na Lubre
Luar na Lubre convertéronse por dereito propio nunha referencia da música galega dentro e fora do noso territorio. 18 discos publicados, máis de 1.500 concertos e curiosidades como que o seu primerísimo tema, O son do ar, fora versionado por Mike Oldfield.
Despois do éxito do anterior traballo, Ribeira Sacra, Luar na Lubre tiña previsto presentar en directo Vieiras e Vieiros pero, polo momento, nos teremos que conformar coas gravacións.