займ срочно

O Museo do Pobo Galego organiza unha mesa redonda en torno a figura de Victoriano García Martí

0

Compostela, 28 de xuño do 2017 – O Museo do Pobo Galego, dentro das actividades do 40 aniversario, organiza as sete e media da tarde unha mesa redonda sobre o ensaísta Victoriano García Martí.

Victoriano García Martí naceu na Pobra do Caramiñal e foi escritor, avogado, sociólogo e ensaísta que no 1965 foi nomeado membro da Real Academia Española e posteriormente tamén da Real Academia Galega.

A mesa redonda que coincide co próximo peche da mostra que sobre a vida e a obra do autor ten aberta o Museo do Pobo Galego.

Na mesa redonda intervirán:

Arantxa Fuentes: “Victoriano García Martí e a tradición discursiva de Compostela”

Rosario Mascato: “Olladas desde a Galicia atlántica: Victoriano García Martí e Ramón del Valle- Inclán”

Encarna Otero: “García Martí e a súa relación có feminismo”

Presentará o acto: Olalla Cabaleiro Fernández

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies