займ срочно

O Museo do Pobo Galego abre as portas no 40 aniversario

0

Compostela, 26 de outubro do 2017 – O Museo do Pobo Galego presentou a programación da semana de portas abertas que celebra coincidindo co 40 aniversario.

Corenta anos ben valen unha gran festa e o nove que leva o que será unha semana intensa de celebración no Museo do Pobo Galego, coa conmemoración da súa apertura en 1977. Corenta anos de historia dunha institución que neste final de outubro e principio de novembro veñen a completar un extenso programa de actividades realizadas ao longo de todo o ano.

Nun ambiente festivo o Museo do Pobo Galego abrirá as súas portas sen interrupción do sábado 28 ao venres 3 de novembro, de 11h a 20h, con entrada de balde. O desenvolvemento das diferentes accións destes días deixa pegada no propio Museo facendo parte dunha exposición en continua transformación, tanto no claustro como na sala de exposicións temporais. Os artistas Federico Fernández, Pilar Alonso e Marc Taeger foron os primeiros en intervir no espazo con Arte mural intramuros. Un estudo aberto durante todo o día no que se ofrecen olladas alternativas e distintas sobre os obxectos da colección, o patrimonio inmaterial e a colectividade.

O sábado 28 terá lugar o acto oficial de celebración do 40 aniversario ao mediodía cunha asemblea extraordinaria pública do Padroado e ás sete da tarde haberá un concerto no claustro do percusionista especializado en música contemporánea Roberto Oliveira.

A partir do domingo, cando se celebra unha conferencia sobre arquitectura bioclimática, sucederanse unha serie de actividades e obradoiros de cestería, téxtil, olería, maquetería de barcos, degustación de conservas e incluso teatro de inmersión con Paula Carballeira.

Pódese consultar todo o programa con detalle na web www.museodopobo.gal

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies