Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Movendo os marcos

Movendo os Marcos: XII Encontro Artes pola Integración

A Coruña acolle esta primeira fin de semana de setembro o XII Encontro Artes pola Integración, unha ponte de inclusión entre artistas e espectadores.
Festigual 2021. Dj inclusivo.23/11/21

Festigual 2021. Dj inclusivo. 23/11/21

Movendo os Marcos, 1 de setembro do 2023 –  A Coruña acolle esta primeira fin de semana de setembro o XII Encontro Artes pola Integración, unha ponte de inclusión entre artistas e espectadores.

O XII Encontro Artes pola Integración conta co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música), Gadis ou Estrella Galicia.  A súa proposta inclúe as artes escénicas, as artes visuais, o cinema ou a música como instrumentos para a comprensión e a procura de alternativas a problemas sociais e interpersoais derivados das demandas, necesidades e procesos inclusivos.

O festival arrinca nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña (zona estanque e edificio Atalaya) hoxe ás 19:00 horas coa súa presentación para, a continuación, asistir a tres representacións teatrais: a peza curta “O meu lugar!” – dirixida por Rebeca Ponche e Carlota Pérez coa axuda de dramaturxia de Victor Duplá e María Vazquez – baseada na obra “A tempestade”, de William Shakespeare, a peza “Tuétano”, de ExperimentaDanza, versión longa da obra “Non me toques o segredo” representada na pasada edición do festival, e “Mordiendo la verdad. Recuperando la memoria de las mujeres”, de Palomica Lloca Producciones, un premiado espectáculo que combina teatro, música, danza y poesía visual.

A primeira xornada do XII Encontro Artes pola Integración chegará ao seu fin co “Encontro de videodanzas e diversidade”, unha colección de proxectos de linguaxe audiovisual en colaboración co prestixioso Fiver Internacional Dance Film Festival.

No caso de que as condicións climatolóxicas impidan o desenvolvemento desta xornada na súa localización inicialmente prevista ao aire libre, o programa do día trasladaríase ao Centro Ágora en horario de 18:00 a 21:00 horas.

O sábado 2 de setembro o evento trasládase ao Centro Ágora onde, ás 16:00 horas, se inaugurará a exposición “A mocidade crea”, proxecto realizado en colaboración con SacraExperience logo dun proceso de dous anos de formación e elaboración e que está conformada por fotografías, artes plásticas e videocreaciones realizada por adolescentes.

Ás 16:40 horas dará comezo a “Asemblea Diversa”, nesta edición centrada nos museos como espazos e referencias terapéuticas, onde coñeceremos as experiencias de Rebeca Ponche, especialista en artes terapéuticas, Juan García Sandoval, Conservador de Museos da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, Karen Lund Orbeta. arteterapeuta especialista en arte e museos, Encarna Lago, Xerente da RedE Museística Provincial de Lugo, e a doutora Alexandra Gerstain, do CourtLaud Museum de Londres. A “Asemblea Diversa” rematará cun obradoiro experiencial

Posteriormente, ás 20:00 horas, Yurdance ofrecerá o seu espectáculo de danza “The Sound of the Void” sobre a fraxilidade humana e a impermanencia da vida para, a continuación, gozar da actuación da Big Band Basket Beat, un proxecto de movemento, arte, educación e acción social cunha metodoloxía que explora todas as posibilidades que nos ofrece unha simple pelota de baloncesto.

Esta cita chegará ao seu fin na xornada do domingo 3 de setembro, xa na praza da Constitución, na Cidade Vella coruñesa e en horario de 17:00 a 20:00 horas, co “Concurso de pezas para a comunidade”, unha convocatoria aberta a creadores e creadoras – dun mínimo de dous e un máximo de catro intérpretes – que presenten as súas propostas de danza, música e teatro dun máximo de 15 minutos de duración onde se reúna a persoas con e sen diversidade. Unha vez representadas, un xurado de expertos seleccionará dúas pezas, así como o público asistente unha terceira, que recibirán 500 euros de premio. Seleccionaranse un máximo de 10 pezas para este concurso.

O XII Encontro Artes pola Integración supoñerá, un ano máis, toda unha oportunidade para que o público coruñés se achegue ás artes inclusivas creadas para a comunidade grazas á Asociación Diversos, entidade responsable do festival.

Post navigation

Previous: A Xunta mellorará a ponte de Brates en Frades
Next: Ames aposta pola planta de reciclaxe de Servia, en Lousame

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Cartel das próximas citas de Cultura Dispersa en Rois
2 minutes read
  • Axenda

Rois continúa promovendo Cultura Dispersa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.