займ срочно

Charla de Mireille Twayigira sobre as súas vivencias como refuxiada en África

0

Compostela, 20 de xuño do 2017 –  A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais conmemora este martes 20 o Día Mundial das Persoas Refuxiadas e Desprazadas cunha conferencia da refuxiada ruandesa Mireille Twayigira na que dará conta do seu relato persoal.

O relatorio ‘De refuxiada ruandesa a doutora médica en Malawi’ será a partir das 18.00 horas no Salón de Graos do centro.

Mireille Twayigira, médico de 25 anos de idade, vive no campo de refuxiados de Dzaleka en Malawi. Cando tiña dous anos fuxiu xunto coa súa familia do xenocidio que se estaba producindo en Ruanda, iniciando así un periplo de fuxidas constantes que os levou por Burundi, República Democrática do Congo ou Angola e durante o cal faleceron os seus pais.

Finalmente refuxiáronse en Zambia, e de aí en Malawi a onde chegaron no ano 2000 e onde vive na actualidade. No campo de refuxiados de Dzaleka iniciou estudos de primaria e posteriormente foi seleccionada para poder ir a unha escola fóra do campo de refuxiados no que vivía onde completou a súa educación secundaria, sendo das seis mellores estudantes de todo Malawi.

Posteriormente, Mireille Twayigira conseguiu ir á Universidade chinesa de Jinan  para estudar Medicina, graduándose en xullo de 2016. Actualmente vive en Dzaleka onde vive coa súa familia e traballa como médica no Queen Elisabeth Central Hospital.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies