займ срочно

Denuncian que a empresa da mina de Touro non paga todo o IBI que lle corresponde

0

Touro, 15 de xullo do 2018 – En Marea Touro ven de denunciar que a empresa propietaria da mina paga IBI só por unha parte dos edificios das instalacións.

Según En Marea a empresa só declara por unha construción de 165 metros cadrados cando en realidade ten miles de metros cadrados ocupados por naves. Acusan tamén ao goberno municipal do que din que está a permitir a evasión fiscal do IBI e anuncian que poñerán os feitos en coñecemento do órgano supervisor de Contas, ante o “desleixo do rexedor con resultado gravoso para as arcas públicas”.

Explican ademais o agravio comparativo que supón xa que a veciñanza está a recibir as notificacións do “catastrazo”, a regularización catastral pola que a parte de pagar unha taxa de 60 euros por inmoble, incorpóranse ás obrigas tributarias do IBI as construcións existentes nos núcleos rurais, todo tipo de pendellos, hórreos, cortes, na súa maioría construcións agrarias sen actividade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies