займ срочно

Miguel Ángel Iglesias deixa a presidencia do Touro SD

0

Touro, 2 de maio do 2017 – O presidente do Touro SD, Miguel Ángel Iglesias, deixa a presidencia do club despois de sete anos e destaca o ascenso do equipo dos veteranos e a boa tempada dos demais equipos

“Temos un club saneado, oito equipos en diferentes categorías e unha afección de primeira”, asegura Miguel  Ángel Iglesias, quen anuncia que esta será a súa última tempada

O equipo de veteranos de Touro Sociedade Deportiva, que milita en Terceira Galicia Grupo 7, certificou o seu ascenso dúas xornadas antes de rematar a liga. O pasado domingo disputou na casa, no campo de fútbol de Loxo, o seu penúltimo partido da tempada. Foi contra o Rarís CF, e venceu 8-0. Na última xornada enfrontaranse os dous primeiros clasificados: SD Cruces e Touro SD. Os dous equipos xa non se xogarán nada porque os dous militarán a próxima tempada na categoría de veteranos Segunda Galicia.

O domingo a directiva do Touro SD e todo o equipo aproveitaron a tarde de partido para celebrar o ascenso coa afección. O presidente do Touro SD, Miguel Ángel Iglesias, tamén aproveitou para anunciar que deixa o cargo despois de sete anos. “Esta é a miña última campaña”, destacou o máximo directivo do Touro SD, club que conta con oito equipos en diferentes categorías (pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, modesto e femenino). Miguel Ángel Iglesias lembra que cando chegou á presidencia, fai agora sete anos, unicamente había dous equipos. “Hoxe o club está saneado, goza de boa saúde, ten unha afección incondicional que apoia aos equipos, contamos con apoios e temos unhas boas instalacións”, indica a modo de balance.

“A tempada está chea de éxitos”, lembra Miguel Ángel Iglesias. E indica que, por exemplo, os xuvenís quedaron no segundo lugar na categoría Xuvenil Galicia Grupo 7. Aínda que na promoción non lograron ascender.

Tamén destaca o equipo feminino que milita na segunda divisón da liga galega. Están clasificadas pola metade da táboa. “Sendo a nosa segunda tempada é un éxito”, lembra o presidente do Touro SD.

Miguel Ángel Iglesias aproveita a súa despedida para agradecer o apoio que sempre tivo do Concello de Touro, dos afeccionados que sempre acompañaron aos equipos e dos xogadores e xogadoras que integran as oito formacións, así como dos adestradores e directivos. “Sempre nos sentimos acompañados”, apunta o aínda presidente do Touro SD, quen se despide cun “ata sempre” e co lema que xa se fixo tradicional: “Somos un equipo, un, dous , tres Touro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies