займ срочно

Mercado de artesanía nos Tilos, en Teo

0

Teo, 17 de decembro do 2020 – O Concello de Teo organiza un Mercado de produtos artesáns nos Tilos na véspera do Nadal

Este mercado artesán de Teo está impulsado pola área de Desenvolvemento Local e Turismo. Celebrarase na praza circular dos Tilos o martes 22 e mércores 23 de 17:00 a 20:30 horas. Segundo indica a concelleira, María López “será un momento para coñecer mellor a nosa artesanía e produto local e tamén facer os últimos encargos de agasallos de Nadal”.

O mercado artesán dos Tilos contará, ademais de postos de venda de artesanía e mercado labrego, con postos de alimentación e bebida quente así como animación musical e algún xogo para os/as máis pequenos/as da casa. Tamén se gardará espazo para o produto labrego do mercado dos sábados xa que se venderán cestas preparadas para regalo con un variado dos distintos postos que venden os sábados: vexetais, froitos secos, ovos…. 

Listado da oferta

Floriforma con arte floral e decoración.

Brigantia con xoiería.

Oli Xiráldez con gaita e frauta galega.

Iago Salgado con instrumentos musicais tradicionais.

Tres oficios con produtos de ebanistería.

Brazolinda xogos con brinquedos.

Panadería Elvira con produto de respostería.

Panadería San José con produto de repostería.

Cestas para regalo con produto do mercado labrego dos Tilos. 

Bodegas de Teo da Subzona Riberia da Ulla da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A cantina de Manolo con bebida quente.

Oferta variada

“Teremos unha oferta variada de produto de calidade nun evento que comezamos este ano pero estamos seguras de que se vai afianzar e repetir en futuras edicións” indica a concelleira.  

Spacio B, artesana tamén de Teo, está colaborando no deseño do espazo xunto ao persoal de Desenvolvemento Local e Turismo.

Esta actividade enmárcase dentro da campaña de apoio ao comercio local deste Nadal “Tamén no Nadal coidamos do Local” nunha aposta clara polo consumo de proximidade. Na campaña xeral premiaranse as compras en Teo cun sorteo de vales por valor de 5.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies