займ срочно

Melide reduce as emisións de CO2 nun 18,95% en menos de dous anos

0

Bisbarra, 5 de setembro do 2022 – O Informe de Seguimento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible do Concello, PACE, de Melide mostra unha redución das emisións de CO2 nun 18,95% en menos de dous anos.

O PACE de Melide foi aprobado en novembro do 2020 e contempla unha redución do 40% das emisións de CO2 municipal para 2030 en relación con 2016, dentro da resposta local aos desafíos do cambio climático.

Melide xa executou o 64,7% das medidas propostas no documento. Isto significa que, se en 2016 emitía 29.911 toneladas de CO2 (3,99 por habitante) anuais, debe ter reducido esa cifra en 11.964,4 toneladas en 2030. Neste 2022, o descenso acumulado foi de 5.668,77 toneladas, o que supón case a metade do obxectivo final.

Todas estas iniciativas avalíanse cada dous anos, tendo como resultado logo de rematar este primeiro ciclo o documento que o Concello vén de elaborar.

Dentro das medidas do PACES para a mitigación das emisións a fin de acadar a eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables, así como medidas de mobilidade sostible e sensibilización social.

Nos últimos dous anos o concello conseguiu que os centros sociais de Gondollín, Agrón, Baltar, Campos, Folladela, Furelos, Golán, Maceda, Moldes, Meire, Orois e Piñor conten con caldeiras de biomasa.

No ámbito da iluminación pública e de edificios oficiais, o Concello cambiou a luminarias LED as existentes na Casa do Concello e na Escola Infantil. Tamén se substituíron o 80% das luminarias do edificio multiúsos e o 50% na Residencias da Terceira Idade. Nos centros sociais tamén se procedeu a este cambio de luminarias, instalándose igualmente temporizadores nas billas, cambiándose as fiestras e mellorándose o quentador de auga.

O Concello tamén cambiou no 2021 un total de 2663 luminarias LED do alumeado público logo de facer unha auditoría, e cambiou once cadros eléctricos do Camiño de Santiago. A redución obtida polas medidas implementadas en 2022 no alumeado público é de 308,50 toneladas de CO2 por ano.

En canto á xestión de residuos, Melide vai levar a cabo a implantación do contedor da quinta fracción a través dunha subvención. Solicitáronse 25 contedores de fracción orgánica para situas na rúa e 250 cubos de recollida de residuos orgánicos no domicilio e bolsas compostables. Haberá unha xornada de difusión sobre estes asuntos.

Paralelamente, o Concello aumentou a recollida de plásticos agrícolas en 2021, de dúas a catro veces por ano, e aumentouse a recollida de contedores de envases lixeiros e cartón nas rúas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies