займ срочно

Melide celebra o Mes do Libro

0

Bisbarra, 22 de abril do 2024 – Melide ven de presentar a programación conmemorativa do Mes do Libro que contén unha variada oferta de actividades desde mañá martes día 23. Día Internacional do Libro.

Este martes a Biblioteca Xosé Vázquez Pintor acollerá a representación do espectáculo de narración oral e monicreques “Lúa quere viaxar a… Marte!”, a cargo da compañía A Xanela do Maxín. A función diríxese ao alumnado de educación infantil dos tres colexios de Melide, en pases que se celebrarán ás 10h, ás 11h e ás 12h.

O mércores 24 de abril, Cris de Caldas levará a Melide o seu espectáculo de narración oral e monicreques “Menú Máxico de Contos”. Será, como o día anterior, na Biblioteca Xosé Vázquez Pintor, desta volta orientada aos alumnos e alumnas de primaria dos colexios. As sesións serán ás 10h, 11,h e 12h.

O venres 26 de abril, a autora María Teresa Pereiro presentará o seu libro “El tiempo de la sal” na sala de conferencias do edificio multiusos. Será ás 20h. O libro, unha novela ambiéntase no Vigo de finais do século XIX, ten como protagonista a Sabela, unha moza traballadora na esmorecente industria do salgado. Trátase dun relato intimista onde a realidade e a ficción se enlazan na construción da narración, merecedor do XXV Premio Tiflos de Novela.

Por outra banda, o Concello anuncia, e dentro das actividades do Mes do Libro, a creación dun punto de lectura infantil no centro de saúde de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies