займ срочно

Melide aproba obras de pavimentación no rural

0

Bisbarra, 5 de outubro do 2022 – O concello de Melide ven de aprobar en pleno obras de pavimentación no rural cun investimento total de 344.579,14 euros.

O pleno ordinario aprobou ademais un suplemento de crédito para facer fronte ao incremento de gastos derivado da sube de prezos da electricidade. Do mesmo xeito, foi aprobada a Conta Xeral de 2021.

O proxecto foi aprobado por unanimidade. Trátase da participación municipal na 2ª fase do Plan Único de Concellos POS+ Adicional 2/2022 da Deputación da Coruña. Esta adhesión ao POS permitirá dez intervencións na área rural melidá. Destas, sete serán realizadas integramente no espazo rural, e outras tres servirán para mellorar a ligazón deste co casco urbano.

Os traballos levaranse a cabo utilizando aglomerado en quente. Todos os portavoces municipais defenderon esta opción como a máis lóxica de cara a conseguir un resultado duradeiro e cómodo para o uso da veciñanza.

O equipo de goberno destacou que o proxecto continúa  coa aposta de substituír o rego asfáltico polo aglomerado en quente o que supón unha pavimentación de maior calidade e duración. Con este investimento acádanse os 1,3 millóns de euros investidos na área rural.

O proxecto de obra inclúe actuacións en dez puntos distintos. Estes son o acceso ao Mato, o Barreiro a N-547, o acceso a Goxán, o acceso ao Centro Social Andeán, a pista a Formigueiro, o vial de Traspedra, o acceso ao Vilar, e Trasfontao a rúa Marqués Marianao e os accesos a Zaramil e á Cooperativa. En todos os casos menos na rúa Marques Marianao, o proxecto contempla a apertura e limpeza de cunetas por ambas as dúas marxes. O prazo de execución previsto para estes traballos  é de catro meses. O orzamento de contratación será de 344.579,14€.

Suplemento de crédito e Conta Xeral

Posteriormente, o Pleno deliberou sobre a aprobación dunha modificación orzamentaria para facer posible un suplemento de crédito por un valor de 600.000€. O concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas, salientou a necesidade de facer fronte aos gastos extraordinarios derivados da escalada de prezos, nomeadamente no tocante á electricidade. Así, o responsable de Facenda comparou o gasto eléctrico do Concello en todo 2021, duns 450.000€, cos case 616.000€ gastados de xaneiro a agosto de 2022. Deste modo, e antes de que remate o presente ano, os gastos derivados da electricidade medraron un 36%. 

O suplemento de crédito saíu adiante cos votos favorables de Adiante Melide e o PsdG-PSOE, e o voto contrario do Partido Popular.

Posteriormente, someteuse ao Pleno a aprobación definitiva da Conta Xeral de 2021. O concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas, salientou que por segundo ano consecutivo Melide cumpriu coa estabilidade orzamentaria, cun aforro neto positivo de máis de 850.000€. Nos últimos dous anos, destacou Igrexas, revertéronse os datos negativos de estabilidade orzamentaria, reducíndose a conta 413 (conta de acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento) a algo máis de 306.000€ fronte ao case 1,1 millóns que chegou a acumular en 2019. “Este goberno local ten control das contas, cumpre coa regra de gasto, non ten déficit e paga en tempo e forma as facturas,” concluíu.

Neste punto, novamente, a aprobación saíu adiante cos votos positivos de AM e PSOE e a oposición do Grupo Popular.

O Pleno tamén aprobou unha declaración en favor da finalización dos tramos pendentes da A-54 que conectarían por autovía Melide con Santiago de Compostela e Lugo. O noso municipio é actualmente o único do trazado que non conta con ningún tramo de autovía operativo. O Pleno de Melide reclama celeridade na materialización desta importante infraestrutura de comunicación independentemente do grupo político que se atope á fronte do Goberno do Estado.

Na súa intervención sobre este asunto, o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, afirmou que o interese de Melide é “independente de quen goberne” España. “Necesitamos que se cumpran os tramos, tanto o de Palas-Melide como Arzúa-Melide”, defendeu. “Necesitamos que esta autovía se faga canto antes e polo goberno que sexa”, resumiu, engadindo que “é fundamental que todos os grupos políticos cheguemos a acordos nestas cuestións fundamentais para a vertebración do centro de Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies