Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide

Melide solicita un reforzo de persoal para o PAC

melide-persoal-centro-saude-slide-9-agosto-2019_r

Melide, 9 de agosto do 2019 – O Concello de Melide vén de solicitar á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago o reforzo de persoal médico e enfermeiro para o Punto de Atención Continuado  (PAC) da vila, nun mes, agosto, no que a poboación da vila chega a triplicarse

As necesidades no PAC vense tamén acrecentadas co aumento da chegada de peregrinos e a celebración das festas de San Roque. Mentres, ao mesmo tempo, é a época no que os sanitarios teñen vacacións. Todo da nunha enorme escaseo de recursos.

Por esta razón, dende a Concellería de Política Social, Mocidade e Saúde do Concello de Melide, que actualmente dirixe Carmen Liñeira, veñen de solicitar a ampliación e reforzo do persoal médico e enfermeiro preciso para cubrir todas as necesidades que presenta neste mes de agosto o PAC da vila.

Actualmente o centro de saúde de Melide conta cuns 7025 cartóns sanitarios e os últimos datos publicados apuntan a que o PAC melidense chega a atender unha media de 9600 pacientes como cabeceira de Comarca que dá servizo sanitario tamén aos veciños e veciñas de Santiso e Toques.

Post navigation

Previous: Frades licita dous proxectos de aforro enerxético
Next: Noia destinará máis de 449.000 euros a financiar obras, servizos e iniciativas culturais e deportivas

Máis novas

Logotipo das feiras Mercamelide
1 minute read
  • Xeral

‘Mercamelide na Rúa’ celebrarase os 7, 8 e 9 de agosto

Presentación festas de San Roque en Melide
3 minutes read
  • Xeral

Melide celebra o San Roque

Cartel do Festival Motorock Milli Riders
3 minutes read
  • Xeral

XI edición do Festival Motorock Milli Riders

Área recreaticva de Furelos en Melide
2 minutes read
  • Xeral

Liorta en Melide pola apertura da área recreativa de furelos

Representantes da comunidade escolar do IES de Melide coa Deputada Iria Carreira
3 minutes read
  • Xeral

Os recortes no IES de Melide no Parlamento de Galicia

Presentación Nadal Cultural
6 minutes read
  • Axenda

Programación de Nadal en Melide

melide probleas ceip martagona 20 outubro 2025
2 minutes read
  • Melide

Melide reitéralle á Xunta a necesidade dun  novo peche no CEIP da Martagona

mercamelide slide 26 xullo 2025
2 minutes read
  • Melide

Mercamelide na Rúa

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.