займ срочно

Acusan á Conselleira de Medio Ambiente de “maltratar” ao goberno de Melide

0

Bisbarra, 13 de abril do 2023 – O deputado socialista Martín Seco acusou á Conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez (ex alcaldesa de Melide) de “maltratar” ao concello de Melide e de servir de “ariete” contra o goberno municipal.  

Río Furelos en Melide, motivo do enfrontamento

As declaracións producíronse na sesión do pleno do Parlamento Galego. Martín Seco levara unha pregunta pola denegación dunha axuda para a posta en valor do entorno do río Furelos. O parlamentario socialista criticou a negativa do goberno galego “con motivacións partidistas” que agochan o intento desesperado de “recuperar o goberno de Melide con malas artes”.

Segundo o Deputado a solicitude foi presentada en tempo e forma e axustábase ás bases da mesma. A petición foi denegada “sen motivación suficiente como antes fixeran coa negativa á mellora do entorno da fonde de San Xoán de Furelos, que tivo que asumir o goberno en solitario”.

Martín Seco criticou ademais que a Consellería de Medio Ambiente teña intentado nestes case catro anos impoñer sancións ao concello por máis de 250.000 euros, por situacións alleas ao goberno local e que mesmo foron arquivadas pola xustiza.

Afeoulle tamén á conselleira que teña cobrado máis de 1,6 millóns de euros do canon de saneamento sen retornar nin unha terceira parte da contía ao Concello, mentres seguen sen asumir os investimentos para a depuración das augas do Polígono ampliado cando ela mesma era aínda alcaldesa.

A negativa a conceder a axuda é aínda máis sorprendente cando acaba de emitirse un informa da Dirección Xeral de Saúde Pública sobre as zonas de baño. Na bisbarra praias fluviais como as de Rois, Trazo ou Ames son aptas para o baño mentres que a única que ten un informe negativo e precisamente a do río Furelos en Melide, o que xustificaría que se tomaran accións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies