Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Melide
  • Xeral

Medalla de Ouro de Melide para a primeira liña contra o Covid

Melide outorgou este ano a Medalla de Ouro das Festas de san Pedro aos colectivos que estiveron na primeira liña na loita contra a Covid.
melide-medalla-de-ouro-festas-san-pedro-slide-30-xunho-2022_r

Melide, 4 de xullo do 2022 – O concello de Melide outorgou este ano a Medalla de Ouro das Festas de san Pedro aos colectivos que estiveron na primeira liña na loita contra a Covid.

Os colectivos distinguidos coa medalla comprenden o persoal da área sanitaria, o persoal de dependencia e axuda a domicilio, o de obras e servizos, as forzas de seguridade, o profesorado e alumnado dos centros de ensino, os traballadores do sector privado máis afectados pola carga de traballo da pandemia e os servizos sociais municipais.

A entrega de medallas realizouse nun acto institucional que tivo lugar na Casa do Concello. Melide fixo pública ademais  unha declaración institucional con este motivo. A mesma foi asinada polos representantes de todos os grupos políticos con representación municipal.

A declaración sinala como galardoados polas medallas deste ano ao persoal sanitario da área sanitaria melidá, así como o persoal de coidados, axuda a domicilio e dependencia municipal e das residencias da terceira idade de Melide. Recoñece tamén o persoal de obras e servizos polos seus labores de desinfección de espazos públicos, así como as forzas e corpos de seguridade como a Policía Local, Protección Civil e mais a Garda Civil. As medallas premian tamén o traballo, recolle a declaración, do persoal docente e alumnado dos centros educativos, e das e os dependentes de supermercados, farmacias e comercios, así como perruquería, servizos funerarios, medios de comunicación, estancos e quioscos. Por último, resulta tamén galardoado o equipo técnico dos servizos sociais municipais.

O Concello recoñece a todos estes colectivos a súa entrega e especial exposición aos efectos da pandemia. Ante o elevado número de persoas recoñecidas, a imposición de medallas non se levou a cabo a título individual. Na entrada do Concello situouse unha medalla honorífica e unha placa coa relación de galardoados.

Post navigation

Previous: O pleno de Teo interrompeuse uns minutos ao saltar a alarma de incendios
Next: Boqueixón e Vedra rematan os campamentos conxuntos

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.