займ срочно

Melide acolle a peza “Lear en la catedrales” dentro do programa de Camiño Escena Norte

0

Bisbarra, 28 de setembro do 2023 – A compañía cántabra Ábrego Producciones presenta en Melide o espectáculo “Lear en la catedrales” inspirado no poema ‘Lear en los claustros’, de José Hierro.

“Lear en la catedrales” forma parte da programación de Camiño escena Norte, un proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas no que participan compañías de teatro, danza e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra.

A representación, no Centro Sociocultural Mingos de Pita o sábado 30 ás oito e media da tarde, será de balde ata completar aforo. Ao finalizar a representación, os membros da compañía cántabra participarán nun encontro co público asistente.  A conversa contará coa mediación de Marta Pérez, de Inversa Teatro

A montaxe de “Lear en la catedrales” reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia.

A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a das personaxes interpretadas ao longo da súa carreira, nun delicado equilibrio entre o real e o imaxinario, mostrando ao público as reviravoltas ocultas do teatro, os trucos dun oficio vivido en corpo e alma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies