займ срочно

Manuel Mirás Franqueira toma posesión como senador pola Coruña

0

Bisbarra, 17 de novembro do 2021 – Manuel Mirás Franqueira, ex alcalde de Oroso, tomou posesión do seu escano como senador, tras ratificar o seu acatamento á Constitución #ante o Pleno da Cámara.

O novo senador chega á Cámara Alta en substitución de Antonio Vázquez que renunciou recentemente á súa condición de senador. Foi o presidente do Senado,  Ander Gil, o que ao comezo da sesión, reclamou a súa presenza para, ante un exemplar da Carta Magna, tomarlle declaración de acatamento.

Unha vez que expresou a súa promesa de respectar a Constitución, o novo senador tomou posesión do seu escano nas bancadas que no hemiciclo ocupa o Grupo Socialista.

Manuel Mirás Franqueira naceu en Ordes (A Coruña) o 22 de novembro de 1955.  Desde 1983 estivo ligado ao Concello do municipio coruñés de Oroso, tempo no que foi concelleiro e, posteriormente, Alcalde, de 1991 a 1993, e desde 2001 ata o pasado mes maio.

Deputado provincial nos períodos comprendidos entre 1988 a 1991 e de 1999 a 2003. Vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP), de 2015 a 2019

É Secretario de Política Municipal da Agrupación PSdG-PSOE Provincial dá Coruña desde 2017.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies