займ срочно

A Mancomunidade de Ordes aproba un orzamento de 1.449.000 €

0

Ordes, 20 de outubro do 2017 – Segundo o acordo acadado no pleno que tivo lugar esta semana a Mancomunidade de Ordes vén de aprobar un orzamento para o ano 2017, por un importe total 1.449.000 €.

Este orzamento  reflicte un incremento do 16,62% con respecto ao ano anterior. Un aumento que vén dado, en maior medida, por proxectos orientados á xuventude, como é o caso das bolsas concedidas dentro do programa mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2017, que no caso da Mancomunidade desprazou a 20 persoas.

Tamén cómpre destacar outras accións de tipo social, como é o caso do aumento de horas no Servizo de Axuda no Fogar nos municipios de Ordes, Frades e Oroso. Dende o pasado setembro aumentouse en algo máis de 870 horas ao mes (máis de 10.500 ao ano), o que posibilita a atención domiciliaria durante 4.250 horas mensuais fronte ás 3.373 anteriores. Unha mellora obtida tras un investimento de preto de 100.000 € por parte da Consellería de Política Social de acordo cos obxectivos formulados na Axenda Social de Galicia. 

Por outra banda, no pleno tamén se acordou a solicitude da subvención para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies