займ срочно

A Mancomunidade de Ordes manterá o Servizo de Normalización Lingüística

0

Ordes, 17 de xaneiro do 2017 – A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes manterá o seu Servizo de Normalización Lingüística. Foi un dos acordos aprobados no pleno que tivo lugar esta semana.

Para continuar co servizo a Mancomunidade solicitará a subvención provincial convocada pola Deputación da Coruña, cuxo importe máximo ascende a 12.000 €. A Mancomunidade continúa así coa política de uso e fomento da lingua galega nos distintos ámbitos da sociedade.

O Servizo de Normalización Lingüística leva funcionando na Mancomunidade de Ordes desde o ano 2013. Entre outras actividades e iniciativas realiza cursos de preparación para a obtención da certificación Celga e para persoas estranxeiras, asesoramento e apoio ao persoal de distintos concellos da comarca, organización de xornadas e xincanas lúdico-educativas dirixidas a público infantil, conmemoración de datas e celebracións destacadas como o Día de Rosalía e o das Letras Galegas con iniciativas en centros escolares, ademais doutras actividades de intervención sociolingüística e do asesoramento lingüístico a calquera persoa usuaria da comarca (información sobre os Celga, validación de estudos, ligazóns lingüísticas de interese etc).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies