займ срочно

Malestar polo estreitamento de estradas en Teo

0

Teo, 22 de abril do 2021 – O Partido Popular de Teo recolle as queixas da veciñanza polo estreitamento de estradas en algúns lugares do concello.

Os Populares de Teo explican que coa construción da nova senda en Folgueiras, o concello reduce entre 30 e 50 cms o ancho total do asfaltado. Lembran que isto se contradice co compromiso da concelleira de anchear as vías municipais.

Sendas ou asfalto?

O estreitamento que denuncia o Partido Popular é consecuencia da construción de sendas nos lugares de Vilar de Calo, Folgueiras, Adrán (en Calo), Eo dos Ferreiros e Menecos (en Oza), Recesende e Luou.

Lugar de Folgueiras

No caso concreto de Folgueiras, según O PP, a veciñanza lamenta que as novas sendas “coman un bo anaco” da estrada que parte de San Domingos e chega ate o centro médico de Calo.

Na mesma liña, a veciñanza de Adrán, a raíz dunha execución xa realizada previamente pero das mesmas características, explica que algúns vehículos teñen que encimar as beirarrúas para poder cruzarse con outros, poñendo en perigo a seguridade dos peóns. Tal foi o caso do “camión de reparto, que tivo que montar a acera cando se cruzou con outro vehículo antonte mesmo”, segundo explican os locais.

O Popular José Manuel Guerra asegura que leva advertindo desta práctica dende hai anos, feito que vai en contra do compromiso de Uxía Lemus de manter ou ampliar o ancho dos viarios.

Os populares engaden que a propia veciñanza de San Domingos explicara hai meses que o lugar para facer a senda non é aquel que máis o precisa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies