займ срочно

Máis de 130 xinetes participan na VIII Xuntanza Cabalar de Ardemil

0

Ordes, 4 de xuño do 2018 –  A oitava edición da Xuntanza Cabalar de Ardemil contou este ano con máis de 130 xinetes nas distintas probas que se disputaron nesta fin de semana. A esta cifra cómpre engadir os case 120 cabalos que foron en ruta e os máis de 20 dos concursos de pura raza galega.

A celebración desta cita anual arrancou en Ardemil na noite do venres, cunha gran festa na que non faltou a música e o reparto de touciño entrefebrado entre a veciñanza por parte dos organizadores do evento. Dende ben cedo na mañá do sábado arrancaron os preparativos  para as carreiras. Concursos morfolóxicos de pura raza galega; probas de andadura chapeada libre, serrada libre e de trotadores ou concurso de barrís entre outras probas. En total repartíronse máis de 500 € en premios, ademais da entrega das copas Joaquín González Troncoso, Ferralla Lois, Restaurante Avelino, e a de Escavacións e Obras Marcos.

Ao mediodía tamén houbo misa con procesión na honra a Santo Antonio, seguida dun grupo de gaiteiros que arrancou máis dun baile entre as persoas alí congregadas. O gran xantar popular contou con 400 comensais, que deron boa conta do lacón asado con patacas estufadas que se serviu. O programa completouse con  rutas a cabalo gratuítas para a rapazada.

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, foi o encargado de entregar os premios aos vencedores desta edición, á que tamén acudiu o concelleiro Pablo Vázquez Candal. Un ano máis a Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil, organizadora desta competición, contou coa colaboración do Concello para a súa posta en marcha.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies