займ срочно

Lousame denuncia á operadora Movistar por deixar sen servicio a Fruíme

0

Bisbarra, 6 de novembro do 2023 – A veciñanza da parroquia de Fruíme leva sen servizo de telefonía desde o 24 de outubro o que levou ao concello de Lousame a denunciar a Movistar.

O concello explica que en estes once días Movistar non foi quen de identificar a incidencia e se limita a contestar que se está traballando nunha pronta solución. Lousame leva dende o pasado 24 de outubro facendo chamadas de denuncia e presentando queixas por escrito

A alcaldesa, Teresa Villaverde, explica que “estamos falando dunha parroquia con moita xente maior, polo que dende o Concello estamos preocupados porque sabemos que moitos deles teñen servizo de teleasistencia e que para case todos o móbil converteuse no seu único medio de contacto coa familia. Pero tamén hai empresas que están a verse prexudicadas pola falta de empatía que Movistar amosa cara as familias e empresas do rural”.

O pasado 31 de outubro chegou unha resposta por escrito de Movistar na que reproducen as mesmas indicacións que por teléfono: que son conscientes da existencia dunha incidencia, que non identifican pero na que aseguran levan máis de 10 días traballando para a súa pronta resolución.

Villaverde engade que “se despois de dez días de traballo non foron quen nin de identificar o problema, a compañía ou ben ten unha falta total de empatía co rural ou amosa unha total incompetencia á hora de resolver os problemas técnicos”.

A alcaldesa de Lousame asegura que “imos seguir reclamando a Movistar que arranxe xa os problemas en Fruíme e estudaremos tamén a posibilidade de cambiar o contrato do servizo telefónico do Concello. Porque se unha compañía amosa esta falta de empatía coa veciñanza, tampouco queremos que nos presten servizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies