Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Lousame
  • Xeral

Lousame conmemorará o 25N con “Papagena”, unha ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero

Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de “Papagena”.
ames-opera-papagena-slide-7-marzo-2023-(2)_r

Bisbarra, 20 de novembro do 2023 – O Concello de Lousame conmemorará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa posta en escena de “Papagena”.

“Papagena” é unha ópera electrónica en galego con perspectiva de xénero protagonizada pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes. Unha actuación totalmente gratuíta e cuxas entradas xa están dispoñibles a través de bandoticket.

Trátase dunha ópera de pequeno formato que narra a historia dunha parella que está engaiolada nunha relación tóxica. Unha peza composta polo rianxés Iago Hermo e que está inspirada na parella de persoas-paxaro da célebre “A frauta máxica” de Mozart.

“Papagena” busca afondar nos clixés de xénero presentes no eido da creación operística ao tempo que pretende rachar con outras percepcións habitualmente asociados ao mundo da lírica, como poden ser o uso do galego ou a propia escenografía e o vestiario empregado.

Trátase tamén da primeira peza dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, da compañía ButacaZero. O elenco está formado pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianes, que actuarán acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto, así como director musical da peza.

Con esta ópera galega e en galego, ButacaZero busca adaptar a ópera contemporánea á realidade social galega, levándoa a espazos non convencionais para a súa representación. Deste xeito, a compañía viguesa busca que tanto o público adolescente coma adulto se achegue á ópera a través dunha experiencia única e inmersiva.

Post navigation

Previous: Rehabilitación don CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro
Next: Volve a Ames a campaña “Zocos e Trasnos”

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.