Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

LibreCon 2017 investigará a creación de prototipos con tecnoloxía libre

librecon-slide-16-outubro-2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 16 de outubro do 2017 – Os próximos 19 e 20 de outubro celebrarase en Compostela LibreCon 2017 un evento internacional en torno as tecnoloxías libres.
    • O impacto no sector primario e na transformación dixital
    • Librehack
    • LibreCon en Compostela, 19 e 20 de outubro

Compostela, 16 de outubro do 2017 – Os próximos 19 e 20 de outubro celebrarase en Compostela LibreCon 2017 un evento internacional en torno as tecnoloxías libres.

En LibreCon 2017 participarán centos de empresas e expertos, entre os que se atopa Antonio Fernandes, tecnólogo vigués e perito xudicial pola Asociación Nacional de Peritos Xudiciais Informáticos (ANTPJI) e a Asociación Mediterránea de Peritos Informáticos das TIC (ASPERTIC). Recentemente fichou como un dos especialistas da Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (Enisa), co obxectivo de asesorar á entidade europea en estratexias para frear os cada vez máis frecuentes ciberataques que afectan a organismos públicos e empresas privadas.

Pola súa banda, outra das novas incorporacións ao programa é a de Nuno Troitiño, programador e apicultor 2.0 que presentará a aplicación Appybee, unha innovación made in Galicia capaz de detectar e controlar pragas que afectan ás colmeas de abellas, como a da avispa velutina. Ata o momento, este sistema xa logrou conter a mortalidade dos enxames e aumentar a súa produción nun 17%. O éxito de solucións como esta é clave para a humanidade, xa que as abellas polinizan entre o 25% e o 30% dos alimentos que consumimos.

O impacto no sector primario e na transformación dixital

O software libre está a demostrar que é unha ferramenta moi útil non só para a Industria 4.0, senón tamén para o sector primario. Ademais de Appybee, LibreCon 2017 tamén reunirá outros proxectos que poñen a tecnoloxía ao servizo do sector agroalimentario, como é o caso de Fair Fishery from Galicia, Galirema, CodeSyntax e IG4 Agricultura.

A influencia do software libre será tamén cada vez máis determinante na configuración da estratexia dixital que está a cambiar a sociedade, xa que permitirá que este proceso se desenvolva a unha maior velocidade e a un custo máis baixo, tal e como explicará en LibreCon 2017 José María Fuster, ex director xeral de Innovación de Banco Santander.

Librehack

Outra das citas que inclúe LibreCon 2017 será o hackatón denominado Librehack, no que 50 hackers crearán en tempo real e durante 11 horas, prototipos de software libre cos que mellorar a Industria 4.0 e o sector primario. Os proxectos deberán encaixarse nalgunha das seguintes catro categorías: cloud, big data, Internet das cousas (IoT nas súas siglas en inglés) e a economía colaborativa. Os propios organizadores do LibreCon 2017 non descartan que, froito deste traballo de creación colectiva, poida nacer unha startup.

LibreCon en Compostela, 19 e 20 de outubro

LibreCon 2017 é o maior encontro internacional promovido polo sector das tecnoloxías libres e a súa VII edición celebrarase os próximos días 19 e 20 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Este ano o evento céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores Industrial e primario, e nas novas oportunidades que ofrecen ditas tecnoloxías en campos como o cloud computing, análise de big data e Internet das Cousas (IoT). Ademais, ofrecerá un track especial dedicado á economía colaborativa.

Aparte dos que xa se anunciaron, LibreCon 2017 contará con máis relatores de nivel nacional e internacional que expoñerán a súa visión de como as tecnoloxías libres achegáronlles competitividade no seu día a día. A xeración de coñecemento terá o seu espazo dentro do evento en forma de casos de éxito e demos tecnolóxicas que achegarán as novidades do sector a todos os asistentes.

Post navigation

Previous: Mandingo foi a ver: Kingsman 2
Next: XV Edición da Semana de Cine Euroárabe Amal

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.