Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Lavacolla bordea o colapso nas horas punta

O aeroporto de Lavacolla sométese este mes a unha dura proba sobre a súa capacidade real co peche temporal do aeródromo de Peinador.
aeroporto traballadores pícnic

Compostela, 9 de maio do 2024 – O aeroporto compostelá de Lavacolla sométese este mes a unha dura proba sobre a súa capacidade real co peche temporal do aeródromo de Peinador.

aeroporto traballadores pícnic

Si ben polo momento está aguantando hai momentos no que toda a estrutura de Lavacolla, desde o persoal ao equipamento, ponse ao límite. Os cambios na xestión de vos, como a saída de Reino Unido da Unión Europea, ou a falta de medios en terra das compañías non fan mñais que agravar o problema.

Falamos con Xabier Castro, responsable de coordinación de UXT para os tres aeroportos galegos. Comezamos preguntando polo momento que vive Lavacolla e recoñece que polo momento aguanta pero que hai horas puntas nas que a situación complícase moito.

Este mes comeza ademais a aumentar o volume de viaxeiros á cidade polo que sumar os de Peinador a Lavacolla converte a maio, tal e como o define Xabier Castro, nun mes de agosto en canto a volume de traballo.

A pregunta que xorde é si a ampliación do aeroporto foi suficiente. A resposta é complexa xa que cambios como a saída do Reino Unido da Unión Europea, os recortes na inversión por parte das compañías, ou mesmo cuestións tan inocentes como si un voo leva persoas maiores modifican a loxística de todo o aeroporto.

Outra das dificultades coas que se está atopando Lavacolla e o crecemento de pasaxeiros. As compañía non aumentaron os medios nin o persoal para o volume de traballo que ten Lavacolla e deberían comezar a pensar en manter as plantillas completas todo o ano.

As obras en Peinador está previsto que rematen a finais de mes o que daría un respiro ao aeroporto compostelá pero todos os implicados terán que sacar conclusións de todo o que suceda ao longo de este mes.

Post navigation

Previous: Oroso leva o orzamento anual ao pleno do vindeiro luns
Next: Rois fai o “Camiño das Letras”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.