займ срочно

Un ano máis a Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento foi un éxito (galería)

0

Ordes, 13 de marzo do 2017 – O Mesón do Vento acolleu a miles de visitantes que non deixaron pasar por alto a segunda xornada da XIX Festa do Lacón con Grelos. Unha exaltación gastronómica que onte viviu o seu día grande cun amplo programa cheo de actividades.

Veciños e visitantes encheron o recinto feiral e os bares e restaurantes da zona, dando boa conta dos 2.500 quilos de racións deste prato tan importante na cociña galega. Na nave de gando de Mesón do Vento puidéronse ver cachenas, limusinas, porcos celtas, burros, cabalos de raza galega, ou galiñas de Mos. Ademais tamén se celebrou a I Feira Agroecolóxica onde se puideron adquirir  pezas artesanais.

Tanto o alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo, como o resto do seu equipo non perderon a oportunidade de acudir a esta cita tan sinalada.

A xornada abriuse en Mesón do Vento cunha exposición de cetrería e concentración moteira para ao longo da mañá celebrar probas de andadura puntuables para o XX Campionato Galego, probas de agility canina, carreiras libres e de burros e actuacións musicais en directo.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”2″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”1″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies