Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

La Casa Azul, La M.O.D.A,  Leilía, Milladoiro ou Budiño nas Festas do Apóstolo

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 13 de xullo do 2019 – O concello de Santiago presentou a programación das Festas do Apóstolo que terán como pregoeiro ao recentemento gañador dun Goya Luís Zahera.
    • Luis Zahera, o pregoeiro
    • Grandes concertos na Quintana
    • Concertos no Toural e propostas diversas
    • Punto Lila

Compostela, 13 de xullo do 2019 – O concello de Santiago presentou a programación das Festas do Apóstolo que terán como pregoeiro ao recentemento gañador dun Goya Luís Zahera.

As Festas do Apóstolo comezaran o próximo venres día 19 e durarán ata o 31. Manterán moitas das actividades dos últimos anos como o serán de hip hop en Vite, a tarde de circo en Belvís e os concertos no Toural.

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, foi o encargado da presentación en rolda de prensa. Estivo acompañado por por catro dos protagonistas das festas: Jamila Purofilin e Rey Montesinos, que ofrecerán un concerto na praza do Toural o luns 22; e Montse Rivera, de Leilía, e Xosé V. Ferreirós, de Milladoiro, que estarán no escenario da Quintana o propio día do Apóstolo, o 25 de xullo.

SONY DSC

Lembrou o edil que o deste ano é un programa que “salvo cuestións de produción e algunha cuestión máis, estaba practicamente configurado polo anterior equipo de Goberno”. En calquera caso, indicou, “é un programa con propostas diversas en canto a estilos e públicos, cos grandes concertos centrados na praza da Quintana, complementados con outras propostas cada día noutros espazos da cidade”. Todas actividades serán de balde e tampouco faltarán os eventos tradicionais destas datas.

Luis Zahera, o pregoeiro

Muíños anunciou o pregoeiro co que arrincarán as festas o venres 19 de xullo. Será un compostelán, o actor Luís Zahera, do que recordou o seu salto á fama co personaxe de Petróleo na serie Mareas Vivas, pero tamén a súa prolixa carreira tanto na televisión como no cine, en Galicia e en España. Ademais, lembrou, “vén cun Goya debaixo do brazo, que obtivo como mellor actor de reparto polo filme El Reino”. De seguro, concluíu, “nos preparará un pregón cheo de humor e de compostelanismo e nos animará a vivir con intensidade as festas do Apóstolo.

Despois do pregón, a música, no mesmo Obradoiro, poñeraa Zalon Thompson, artista británico coñecido no seu día por ser a voz principal da banda da desaparecida Amy Winehouse e que agora presenta o seu primeiro disco.

Grandes concertos na Quintana

Repasando a programación, os grandes concertos celebraranse unha vez máis na praza da Quintana, comezando pola mesma noite do pregón, cando actuará Budiño. Outros nomes que pasarán pola Quintana son Xoel López (domingo 21), The Main Squeeze (luns 22), La Casa Azul (martes 23), La M.O.D.A (mércores 24), Leilía e Milladoiro (xoves 25) ou Chico César (domingo 28).

Ademais, o mércores 31 haberá un concerto dedicado ás bandas e artistas galegos, con Banda Crebynsky, Fredi Leis e Holywater; e a do sábado 20 será unha noite dedicada ao beat e a música electrónica.

Tampouco faltarán na Quintana dúas citas que xa son tradicionais: o concerto da Real Filharmonía de Galicia (martes 30) e o da Banda Municipal, que nesta ocasión estará acompañada pola Gallaecia Big Band nun concerto especial o luns 29. Para estes dous concertos haberá que retirar convites na billeteira do Teatro Principal.

Concertos no Toural e propostas diversas

Para a Quintana quedan os concertos de gran formato, pero tamén haberá cada día música na praza do Toural. Por aí pasarán Jamila e Rey Montesinos, Kind of Soul, Nunatak, The Tune, Moon Cresta, The Soul Jacket, Phantom Club, Wöyza, Trilitrate, Puerta Sur, Basanta e Lulavai.

Non faltarán as citas tradicionais do Apóstolo, como o Día do Traxe Galego, o torneo de chave, o concurso de ciprínidos, as exhibicións de coches e de traxes de época, o Día de Padrón, as orquestras na Alameda ou as atraccións, que estarán na Alameda ata o 31 de xullo; e tamén outras propostas, en diversos espazos, de música, danza, teatro, deporte, espectáculos infantís, visitas guiadas, circo, etc.

Punto Lila

O concelleiro destacou que haberá un Punto Lila de información e acompañamento sobre violencias sexuais, a disposición de todas as mulleres que se acheguen á cidade ou participen nos festexos. Estará aberto todos os días dende o 20 ao 31 de xullo, en horario de 12:00 a 13:30 e de 21:00 a 01:30 horas. Ademais, a praza 8 de Marzo terá unha iluminación especial durante as festas, e nesa mesma praza, o luns 29, haberá un festival con Lúa Mosquetera, Dj Russinha e Papaya.

Post navigation

Previous: Despois dunhas merecidas vacacións Mandingo recoméndanos unhas boas series para o verán
Next: Pleno de Organización no concello de Ordes

Máis novas

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Imaxen de arquivo do pregón nas Festas do Apóstolo
4 minutes read
  • Compostela

As Festas do Apóstolo recuperan as proxeccións no Obradoiro

Imaxe das empresas que conseguiron o certificado sicted e Compostela
3 minutes read
  • Compostela

A Deputación entrega as certificacións SICTED en Compostela

Vista áerea do Hospital Provincial de Conxo en Santiago, imaxe Google Maps
3 minutes read
  • Xeral

Dinlle aos pacientes do Hospital Provincial de Conxo que traian o seu propio ventilador

Cartel da edición 2026 do Delas Fest
3 minutes read
  • Axenda

Delas Fest 2026

Unha mostra de gastronomía de Mali
3 minutes read
  • Axenda

Compostela Convive lévanos pola gastronomía de Malí, Marrocos e Palestina

Imaxe dos gañadores da 23 edición de Curtocircuíto
5 minutes read
  • Xeral

Curtocircuíto clausura a súa 23ª edición

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.