займ срочно

José Manuel Castro presenta en Noia “El sexto evangelio”

0

Noia, 26 de abril do 2022 – A concellería de Cultura de Noia, que dirixe José Pérez, remata o Mes do Libro coa presentación de “El Sexto evangelio” de José Manuel Castro.

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acollerá esta actividade o vindeiro venres 29 de abril a partir das oito e media da tarde. “El sexto evangelio” é a quinta novela do autor e está inspirada no roubo do Códice Calixtino.

José Manuel Castro estará acompañado na mesa por Carmen Díaz e Emilio Hermo. Non fai falta facer previa inscrición, pero recoméndase o uso de máscara.

“El sexto evangelio”

A novela narra a historia de Jacqueline  Bacon,  sospeitosa do asasinato da súa avoa, segundo a investigación policial, un feito que garda relación co roubo do  Códice  Calixtino. Quen o roubou busca unha mensaxe oculta que pode levarlles a atopar un insólito manuscrito que fala da porta do ceo, e por esa razón, Jacqueline é envelenada por membros da Igrexa para impedir que o secreto que oculta na súa memoria salga á luz.

José Manuel Castro é un noiés que di escribir as novelas inspirándose “na realidade que sempre supera á ficción”. Esa forma de escribir dou tamén froitos como “A lenda da santa Compsña” que se inspirou nun accidente de autobús sucedido nos anos sesenta en San Xusto; ou a novela publicada no 2020 “Los hijos del mal” que toma como referencia o túnel que unía os conventos de monxas e curas de Noia e que sempre provocou rumores sobre as relacións que mantiñan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies