Bisbarra, 24 de abril do 2024 – O Concello de Lousame conmemorará o Día do Libro cunha gran solta de libros para a mañá do venres 26 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura de Lousame, explica que “Temos previsto agasallar máis de 200 exemplares, todos eles procedentes de doazón dos veciños e veciñas para tratar de darlles unha segunda vida a estes libros e que sexan desfrutados por outros lectores e lectoras”.
Por outra banda o concello organiza dous obradoiros infantís gratuítos, que terán lugar este venres 26 de abril, de 18:30 a 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Os talleres organizados pola Axencia de Lectura do concello están dirixidos a nenas e nenos de 8 a 14 anos.
Nun deles aprenderán a elaborar un marcapáxinas e no outro a elaborar unha marioneta. En ambos os dous casos, as inscricións están abertas en www.bandoticket.com.