займ срочно

Iván Ferreiro e Delaporte abren as Festas da Ascensión

0

Compostela, 8 de maio do 2018 – Ata o 13 de maio Compostela vivira as Festas da Ascensión 2018 que comezan co concerto de Delaporte e Ivan Ferreiro.

O concerto de Ivan Ferreiro está dentro do espectáculo Los40 stage que abrirá o DJ Óscar Martínez e continuará con Delaporte antes da presencia sobre o escenario do músico vigués ex Piratas. A entrada é de balde ata completar aforo.

Na presentación do concerto participaron a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; Mario Moreno, director da Ser en Galicia; e Gabi Davila, o coordinador de Los40. Novoneyra dixo esperar “encher a praza da Quintana con este concerto, que segue as premisas das que participa o resto da programación: actividades diversas, de calidade e abertas a todas e todos”. Pola súa banda, Mario Moreno salientou a nova oportunidade que o Concello ofreceu a Los40 para colaborar nas festas máis propias de Compostela, a través dunha cita xa tradicional dende que en 1991 levaron por primeira vez o seu escenario á praza Roxa. Destacou que, ao longo deses 27 anos, estes concertos trouxeron á Ascensión a artistas diversos como Celtas Cortos, La Quinta Estación, Chenoa, Amaia Montero, Aurin, Efecto Pasillo, ou Miss Caffeína, Shinova, Luís Brea, El Miedo e Druso, que abriron o cartel das festas o ano pasado.

Iván Ferreiro

Iván Ferreiro volve a Santiago logo de máis dun ano de xira co seu último disco, Casa, e a piques de saltar de novo o Atlántico para presentar en México e Chile os 12 temas que integran este traballo. Casa é o sétimo álbum en solitario deste cantante, compositor e pianista que se fixo un lugar insubstituíble na escena musical española dos 90 como líder de Los Piratas e que, 20 anos despois, é aínda o artista galego máis escoitado en Spotify.

Músico inclasificable, a beleza das súa composicións e a sonoridade única de Ferreiro fan del referencia obrigada ao falar da música na contorna estatal e convertérono e influencia inevitable de moitas novas formacións. Gravado entre Gondomar e Barcelona, Casa é un exercicio de sinceridade, un feixe de historias persoais de son exquisito nas que Ferreiro se reconstrúe logo dun abandono e rexorde persoal e musicalmente.

Delaporte

A española Sandra Delaporte e o italiano Sergio Salvi compoñen Delaporte, unha das bandas revelación do último ano na música estatal. Ambos afincados en Madrid e procedentes doutros estilos musicais, chegan á electrónica á procura de novas posibilidades sonoras. Danse a coñecer mediante a difusión de covers e vídeos a través da rede e, en setembro de 2017, lanzan o seu primeiro EP, One, en formato físico e dixital. One é un compendio de seis temas de electrónica de pouso noventeiro nos que a doce voz de Sandra Delaporte se mestura cos beats bailables de Salvi, o que lles valeu numerosas comparacións coa asociación entre Nawja Nimri e Carlos Jean. Daqueles seis temas iniciais, só había un en castelán, “Pájaro salvaje”, o máis escoitado da banda en plataformas dixitais e, quizais, o preludio do seu seguinte traballo. En febreiro de 2018, Delaporte soprende con UNO, seis temas novos, desta volta en castelán, que os confirman como aposta segura nas pistas de baile deste verán. Un destes temas foi escollido como sintonía de cabeceira do programa Fama, a bailar, incrementando a súa visibilidade para o público xeral. Trátase de “Un jardín”, un chamamento ao empoderamento feminino a golpe de funk brasileiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies